Norman Foster: Networks – Plastic Books

Norman Foster: Networks

Taschen

Prezo habitual €80 EUR
IVE incluído.
Páxinas
368 pp.
Editorial
Taschen
Ano
2026
ISBN
9783754406823
Dimensións
22.8 x 3.6 x 28.91 cm
Escrito por
Norman Foster

Norman Foster. Networks ofrece unha visión de primeira man das ideas, influencias e conexións que marcaron a obra dun dos maiores arquitectos do noso tempo. Escrito e compilado polo propio Foster, o libro reúne oito ensaios profundos nos que entende a arquitectura non como unha simple actividade profesional, senón como un punto de encontro de paixóns, disciplinas e experiencias vividas.

No ensaio Roots, Foster reflexiona sobre os seus humildes comezos en Manchester e a súa temprana paixón pola aviación, que sempre marcou a súa vida e pensamento. En Flight, móstrase como esta fascinación inspirou a súa procura de lixeireza, eficiencia e elegancia técnica na arquitectura. Finalmente, Alpine revela a súa profunda conexión coa paisaxe alpina, onde construíu a súa propia “casa do futuro”, e amosa como o lugar, o clima e a topografía seguen a influír na súa visión da arquitectura.

En Nature, Art e Making, Foster expón como estes campos creativos están estreitamente entrelazados coa súa práctica arquitectónica. Os ensaios Place e Cities amplían a perspectiva ao tratar a memoria, a identidade e a vida urbana, e mostran como os edificios configuran xuntos o espazo público.

Ilustrado con case 1.000 fotos, debuxos, obras de arte, fotogramas e outras referencias culturais, este libro extraordinario é ao mesmo tempo un atlas visual e un marco intelectual. Revela as ideas fundamentais e as estruturas de pensamento que sustentan o traballo de Foster, servindo tamén como unha autorreflexión sobre as ideas detrás de obras icónicas como o Apple Park en Cupertino, o Reichstag en Berlín, o Great Court do British Museum en Londres, o Viaduto de Millau en Francia e o Zayed National Museum en Abu Dhabi. Pon o foco nas ideas, curiosidades e conexións que definen a este xigante da arquitectura moderna.

Título
Norman Foster: Networks
Autor
Norman Foster
Editorial
Taschen
Publicación
2026
Dispoñibilidade
Pedido á editorial
Páxinas
368 pp.
ISBN
3754406825
ISBN-13
9783754406823