Estes son os artigos que atopamos.
Miss Major toma la palabra: Vida y legado de una revolucionaria trans negra
Katakrak
Toshio Meronek e Miss Major compoñen un texto que mestura conversas, entrevistas, reflexións e discusións. O resultado é rápido, intenso e mordaz: sen hipocrisía, amosando sen tapujos os conflitos do mundo LGTBI* ou a mercantilización na que acaban algúns movementos. A biografía política de Miss Major, a súa mirada cálida cara abaixo e o seu desafío permanente aos de arriba está máis próxima aos comezos do século XX que ao primeiro cuarto do XXI. Agora, cando impera o individualismo e se nota tanto a falta de estruturas colectivas, a voz desta anciá revolucionaria trans negra resoa con forza. Ante a violencia e a represión, o estigma e o asasinato, ela reivindica o traballo coa escoria social e cos monstros, pero tamén as alianzas con suxeitos políticos de distintas tradicións. Como non se cansa de repetir, «non podes botar a ninguén aos pés dos cabalos, non hai que deixar a ninguén atrás».