Estes son os artigos que atopamos.
Dentro de una flor
Lidia Apaolaza
Como unha flor que ve por dentro un corazón sempre en carne viva e aberto pola metade: salvaxe. Palabras que se acenden sen sabelo, revoltas en follas dispares e impares, anidando nos nós, desfazendo as feridas, cosidas letra a letra sendo fogar. Un libro que naceu sen saber que o estaba a facer: igual que unha flor.
Pasou por terra a súa semente, creceron nela as súas raíces e a choiva regouna, sempre preto do mar. A tormenta fíxoa forte e a luz fixo que visese o grandes que se converteran as súas cores: un suspiro e chegou a primavera.
Cruzou montañas, navegou ríos e ordenando recordos que escorren e acarician, atopou o seu lugar ao lado do sol: seguirán medrando flores.
Unha boneca rusa de dor e valor, de forza e delicadeza. A vida que se mergulla, que está na noite e coa lúa, que comeza polo final para rematar no principio; todo do revés e con sentido: desde onde non estás, ata onde te gardas, para saber sempre onde atoparse: dentro dunha flor.