Estes son os artigos que atopamos.
Cuerpos al margen. Alianzas intersex y trans
Independiente
Cuerpos al margen propón un análise exhaustivo dos alicerces que sosteñen a nosa comprensión actual do sexo e do xénero. A través dunha perspectiva interdisciplinar que une bioloxía, socioloxía e historia, este traballo desarticula a clasificación dicotómica dos corpos para revelar as fendas dun sistema que, baixo unha aparencia de obxectividade científica, invisibilizou, borrou e oprimíu as realidades intersex e trans.
Nas súas páxinas, esta obra busca paralelismos entre as realidades trans e intersex, construíndo pontes que permitan tecer redes de apoio e resistencia colectiva fronte á violencia sobre o corpo e á rigidez do sistema sexo-xénero. Cuerpos al margen é, en esencia, unha invitación a recuperar o relato das nosas realidades; un nexo entre a investigación académica e a experiencia encarnada que traza rutas cara a un novo marco epistemolóxico, cultural e social. É un espazo seguro onde abrir diálogos e construír pontes, como unha mesiña de té arredor da cal poidamos atoparnos, coas mans quentes, para contarnos os sentimentos, compartir vivencias e trazar novas rutas.