Estes son os artigos que atopamos.
Gayconography: UNA VISION ARTISTICA DE LA IMAGEN HOMOSEXUAL (PLAN B)
Plan B
Obra moi completa sobre como se mostrou a iconografía gay ao longo dos anos a través das diversas manifestacións artísticas: literatura, fotografía, cine, etc.
Se a alguén se lle ocorre buscar en Google o termo “icono gay”, saíranlle centos de fotos de mozos musculosos máis ou menos con pouca roupa ou directamente espidos, fotos de divas como Judy Garland, Cher, Madonna, Britney Spears e incluso Carmen Lomana e Cristiano Ronaldo, pois ben, de todo iso NON vai este libro. Do que se trata aquí é de ver como se mostrou a iconografía gay ao longo dos anos a través das diversas manifestacións artísticas, xa sexa na literatura, a fotografía, o cine, o cómic, a música, as series de televisión e mesmo as artes escénicas. Esta é unha visión áxil e amena do que deu de si o amplo espectro gay, ás veces inxustamente reducido a catro prototipos, e como máis vale unha imaxe que cen palabras, neste libro o lector atopará centos de fotos que equivalen máis ou menos a… ben, un montón de palabras. En definitiva, aquí atoparedes moitos gays e outros que non están, pero todos eles conforman unha realidade gloriosa. Empeza pois o espectáculo.