Estes son os artigos que atopamos.
De fuego cercada. Geografía secreta de Madrid
Alianza Editorial
«Este é un libro sobre desaparicións. Prácticamente todo o que aparecerá (edificios, lugares, persoas) xa non está, pero con todo segue aí», escribe Rocha ao principio deste libro inclasificable, a medio camiño entre a crónica persoal, a guía insólita e psicogeográfica e o caderno de bitácora. Un diario de viaxe ata os confíns de Madrid seguindo os «camiños do desexo», aqueles que crea espontaneamente o paso das persoas ou os animais.
Con este paseo, nun só día, tentase resolver a desaparición de José Ribalta Camós, un oftalmólogo que en 1916 decidiu camiñar en liña recta cara ao norte desde a Puerta del Sol. O resultado é unha historia de historias, unha viaxe ao final da cidade que por momentos lembra a W.G. Sebald, Iain Sinclair ou a un Trapiello infinitamente máis intrincado e escuro.