Estes son os artigos que atopamos.
Círculos de Cristal
LES Editorial
Paréceme curioso comprobar como se imaxinaban desde o pasado que ía ser a época actual. Hoxe en día, en 2201, custame entender un mundo pasado no que puideses tocar aos demais sen morrer, no que a socialización non fose unicamente a través dunha pantalla, un mundo sen contacto físico por culpa dunha enfermidade descoñecida. Na rede chámanme LadyHot e ata agora gañei a vida ofrecendo sexo virtual. Os meus días eran tranquilos e seguros… pero todo pode cambiar nun segundo, podes imaxinar como van ser os teus días e, acto seguido, atoparte na miña situación: en perigo, buscando a alguén que cambiou o meu presente de xeito irremediable, porque con ela o virtual xa non era suficiente.